-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Concurso Arquimedianos21
Coincidindo coa Semana do Libro 2023, xa hai gañadora do concurso de matemáticas Arquimedianos21 (7ª edición), que comezou o 25 de marzo. Parabéns a esta alumna de 3º ESO e que goce do seu premio: un vale para mercar o libro que queira.
Semana do Libro 2023

Durante a semana do 17 ao 23 de abril, fixemos diferentes actividades a propósito da celebración do Día do Libro.Lanzamos, ao alumnado de secundaria, tres propostas para que escollesen: a creación dun perfil literario en Instagram, un bookface ou unha escena literaria. Neste vídeo, podedes ver o resultado: Tamén se organizou un obradoiro sobre a orixe da escritura, diferentes tipos de escritura (cuneiforme, xeroglífica…), etcétera. Felices lecturas a todos e a todas!
Charla de saúde sexual para 3º ESO

O alumnado de 3º de ESO asistiu a unha longa charla sobre saúde sexual, unha boa forma de aprender sobre temas dos que algúns rapaces/zas teñen reparos en falar cos seus pais. Os amigos/as e as redes son as fontes máis habituais de (des)información e fan que perduren moitos mitos e tabús. Mellor as profesionais, como estas rapazas da Cruz Vermella que saben do que falan e falan do que saben e ás que agradecemos a súa colaboración.
Listaxe de admitidos
Educación Física na Vía Verde (3º, 4º e 5º E.P.)

O pasado día 18, o noso alumnado de 3º, 4º e 5º de E.P. puido gozar dunha xornada de exercicio na Vía Verde. Esta actividade organizada polo Concello de Vigo, pretendía dar a coñecer a Vía Verde inaugurada o pasado xaneiro na nosa cidade como un espazo no que gozar ao aire libre do exercicio físico. Para iso, organizaron unha serie de xincanas para que os nosos pequenos deportistas pasáseno en grande. E a verdade, que así foi. Deixámosvos aquí—