Actuacións do festival de Nadal (Ed. Primaria)

Volvemos arrincar motores tras as vacacións mostrándovos as actuacións dos vosos fillos e fillas para o festival de Nadal que celebramos o último día de clase… e unha sorpresa inesperada que tiñamos preparada para eles; e é que en festas o importante é pasalo ben xuntos e non hai nada como ver aos teus profesores facendo o parvo, polo menos por un día. Próximamente, poderedes atopar no noso blogue Somos Primaria moitas máis actividades do Nadal realizadas nas aulas. https://somosprimariaquinones.blogspot.com/—

Ler máis

EnlazaVigo

O alumnado de 4.º da ESO, con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, participou nas actividades do programa EnlazaVigo, organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. Este programa é un instrumento útil para educar en igualdade a nosa mocidade e busca construír unha sociedade máis xusta e igualitaria para todas e para todos.

Ler máis