Semana do Libro en Secundaria

O 23 de abril foi o Día do Libro e quixemos celebralo con algunhas actividades ao redor da lectura e dos libros. Propuxémoslle ao alumnado que reflectise nunha fotografía o seu libro preferido. Tiveron que escoller varios obxectos para representar os personaxes, accións, espazo… E despois fixeron cadansúa presentación na biblioteca. O alumnado le moito e gústalle compartir as súas lecturas cos demais. Tamén traballamos con mensaxes secretas. Tiveron que descubrir as mensaxes que apareceron debuxadas nas ventás da clase.—

Ler máis

Charla sobre saúde sexual

O alumnado de 3º de ESO asistiu con interese á charla sobre saúde sexual que impartiron dous membros da Cruz Vermella de Vigo. É un feito que certos temas seguen a ser delicados, e algúns alumnos/as teñen reparos en falar deles cos seus pais. Os amigos/as e as redes son as fontes máis habituais de (des)información e fan que perduren moitos mitos e tabús. Mellor os profesionais, que saben do que falan e falan do que saben. Grazas pola súa—

Ler máis

Érase unha vez…Internet

O alumnado de 3º ESO aprendeu, da man do profesor Carlos López Ardao, da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da UVigo, que as orixes de Internet son máis antigas do que pensaban (o seu predecesor ten máis de 50 anos). Viaxaron, tamén, pola historia dos móbiles, desde os primeiros, coma ladrillos, ata os actuais smartphones, que xa permiten traballar no Internet das cousas. Do uso de Internet saben ben os alumnos/as, do seu funcionamento interno bastante menos, pero do seu—

Ler máis

Visítanos Ramón Caride

Os alumnos e alumnas de sexto de primaria recibiron a visita de Ramón Caride, o famoso escrito galego dun dous libros que este alumnos leron durante o curso: ” As músicas viaxeiras”. Os rapaces e rapazas fixéronlle un mural co seu retrato e prepararon unha benvida e un faladoiro con preguntas sobre a xuventude, traballo e vida actual do escritor. Previamente como verdadeiros xornalistas estiveron aprendendo na clase como informarse ben e solicitar a información sobre o escritor Ramón Caride—

Ler máis

Charlas científicas da UVigo

En 1º e 4º de ESO tivemos o pracer de contar cos profesores Jaime González e Carlos Mosquera que impartiron senllas conferencias do programa de Charlas de divulgación científica e tecnolóxica da Universidade de Vigo. Jaime falou cos de 1º de O teu algoritmo e ti!, no que relatou a importancia dos algoritmos (non logaritmos), procesos matemáticos que non vemos pero que están detrás do funcionamento das páxinas web de xigantes como Youtube, Instagram, TikTok ou Amazon (e si, saben—

Ler máis