Concurso de Poesía

Este curso, con motivo do Día das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüística organizou un concurso de poesía para o alumnado. Traballouse o xénero lírico, as emocións, imitáronse poemas de Xela Arias e leuse moita poesía para inspirar os nosos futuros poetas. A seguir podedes ler as composicións premiadas: Concurso de Poesía.  

Quen foi Xela Arias?

Ademais de traballar os textos de Xela Arias na clase e escribir poesía coma ela, apeteceunos realizar unha actividade ao aire libre co grupo de 1.º da ESO. Preparamos unhas pistas e, a modo de xogo, o alumnado puido descubrir momentos importantes da vida desta autora e moitos dos seus logros. A seguir podedes ver unha pequena mostra desta actividade, só tedes que premer a continuación: Coñecendo a Xela Arias.

Conmemoración do Día das Letras Galegas 2021

A semana pasada celebrabamos o Día das Letras Galegas, dedicado este ano a unha autora da nosa cidade, Xela Arias. Leváronse a cabo diferentes actividades co obxectivo de achegar a vida e obra desta autora adecuadas á idade do noso alumnado nas distintas etapas educativas. O alumnado de Ed. Infantil e Primaria fixeron unha mural conxunta adicada a Xela Arias que adorna o corredor de entrada pola rúa Travesía. Ademais disto o alumnado de Ed. Primaria, nenos e nenas de—

Ler máis