O xoves: paxarela, sombreiro, un zapato de cada cor e ao redor da cintura algo fermoso debes poñer.
Entroido 2021 en Primaria
Este ano, como xa é costume, tivemos que adaptar a celebración do Entroido ás restricións polo COVID-19 pero esforzámonos para que o noso alumnado pasase unha xornada divertida e diferente. Por suposto, negámonos a que esta situación rompese a nosa tradición de elaborar o noso disfrace no cole e sorprender ás familias á saída do último día da semana de Entroido. Este ano, o tema escollido foi a interculturalidade. Xa que esta pandemia aféctanos a todos, quixemos achegar aos nenos—