A ESO tamén entroidou

O Entroido tamén se deixou notar nos cursos dos maiores. Non foi coma outros anos, pero algúns dos nosos alumnos e alumnas maiores tamén quixeron seguir as ordes do meco e o venres ata viñeron co seu mellor traxe para… si, para descansar. Aínda que tiveron que traballar coma outros días, non quixeron deixar escapar esta data tan nosa. E para mostra, aquí vos deixamos unhas imaxes:

Ler máis

Entroido 2021 en Primaria

Este ano, como xa é costume, tivemos que adaptar a  celebración do Entroido ás restricións polo COVID-19 pero esforzámonos para que o noso alumnado pasase unha xornada divertida e diferente. Por suposto, negámonos a que esta situación rompese a nosa tradición de elaborar o noso disfrace no cole e sorprender ás familias á saída do último día da semana de Entroido. Este ano, o tema escollido foi a  interculturalidade. Xa que esta pandemia aféctanos a todos, quixemos achegar aos nenos—

Ler máis

Día da Paz 2020

“Din que nun país moi afastado, nun precioso val, existía un pobo rodeado de bosques que, como todos os pobos, tiña unha praza. Din tamén que no centro da praza había unha árbore enorme que todos coñecían como a Árbore da Palabra. Contan que os nenos e as nenas do pobo, ao atravesar a praza para ir á escola, preguntábanse de onde viña o seu nome. Preguntáronllo á mestra, pero esta non lles puido contestar porque, cando ela naceu, a—

Ler máis