A partir de hoxe temos unha nova páxina web. Esperamos que vos guste e que vos sexa útil. E se vedes que ten fallos, dádelle unha oportunidade ata que mellore.
Os pais poderedes -se queredes- pedir cita cos titores por Internet na sección correspondente.
Trataremos, tamén, de informar das actividades que leva a cabo o colexio.
Benvidos!
[print-me]
Eu leo porque…

A última actividade que programamos para esta semana de inauguración da nosa biblioteca foi a de completar o enunciado: «Eu leo porque…». Así, pasaron pola biblioteca os alumnos e as alumnas de primaria e secundaria e completaron o mural. A maioría das propostas están relacionadas coa imaxinación; e iso é o que máis nos gustou, queremos un alumnado imaxinativo e creativo. E, por suposto, estades convidados a pasar polo corredor do colexio e ver o mural.