Informámoslles de que o vindeiro 29 de outubro terá lugar, en reunión do Consello Escolar ás 18:00 h, o sorteo dos membros titulares e suplentes da Xunta Electoral para as eleccións de 2021, que estará formada polo director, un representante da titularidade do centro, un profesor/a, un pai/nai/titor legal, un alumno/a de ESO e un membro do PAS.
Samaín/Halloween 2021

Este Samaín pasámolo de medo! Tivemos actividades para todos os gustos: contacontos de medo, manualidades, cancións…; mesmo investigamos un pouquiño na súa procedencia histórica como nos contan dúas alumnas de terceiro de primaria. Outro ano máis o noso alumnado sorprendeunos cos seus complementos, dos cales vos mostramos un exemplo. Complementos elixidos este anoNon podía faltar o noso mural da entrada; obra do alumnado de 1º e 2º de primaria. Este ano elaboramos unha tea de araña xigante para adornar o—