-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
25 de Novembro, Día Contra a Violencia de Xénero
O pasado 25 de novembro conmemorouse o Día contra a Violencia de Xénero, data sinalada para dar visibilidade a este problema que involucra e compete a toda a sociedade. Dende o Departamento de Igualdade do centro propúxose traballalo en todas as etapas educativas na medida na que a madurez e momento evolutivo do noso alumnado puidese comprender. Posto que traballar e concienciar desde idades temperás é a mellor maneira de conseguir, algún día, que esta conmemoración non sexa necesaria. Así—
Contra a violencia de xénero
Magosto infantil 2020
Os máis cativos do cole celebraron este magosto tan singular dun xeito especial, cos elementos propios desta festa como protagonistas. O alumnado da clase de tres anos estivo traballando de varias formas ben distintas, desde facer unha divertida castaña con todas as partes da cara no sitio, ata crear un simpático rato empregando unha castaña como corpo. Pola súa banda a clase de catro anos traballou esta celebración elaborando o tradicional cornete de papel de periódico con castañas asadas, e—
Magosto en tempos de pandemia
Son moitos os refráns que a tradición galega ten ao redor deste tempo de castañas. E é que a castaña, na primeira quincena de novembro, convértese en protagonista de pratos, refráns e tradicións. Ninguén podía prever un magosto sen castañada; pero este ano a situación obriga e as tradicións terán que agardar ou adaptarse. Co espírito de manter as devanditas tradicións vivas, levamos a cabo algunhas actividades que non teñen comparación coa nosa excursión anual ao monte, con comer—
Distribución de máscaras
A Xunta de Galicia, segundo orde do 6 de novembro de 2020, vai distribuír máscaras entre alumnos/as de Primaria e ESO. As condicións para acceder a estas axudas poden descargarse aquí.
Máis información no menú COVID-19, en Axudas, á dereita desta páxina.