Pequenos e grandes científicos: tutoriais de ciencia.
A última semana que tivemos a oportunidade de estar xuntos no cole, estabamos a desenvolver a Semana da Ciencia, unha iniciativa orientada a promover o coñecemento e o gusto pola ciencia en todas as etapas educativas. E a acollida foi estupenda entre alumnado, porque entre eles hai un gusto especial pola investigación e os experimentos científicos, xa desde Educación Infantil. E agora, nesta etapa de formación a distancia, onde incrementamos o uso dos medios tecnolóxicos, varios dos nosos alumnos os—