Semana do Libro

O 23 de abril celébrase o Día do Libro e nós non quixemos deixar pasar esta data tan importante. Realizamos diferentes actividades ao longo de dúas semanas: lecturas compartidas, contacontos, creación de marcapáxinas, recomendacións literarias… Velaquí tedes unha pequena mostra do traballo desenvolvido, só tedes que premer no seguinte texto: actividades polo Día do Libro. Animámosvos a seguir voando e imaxinando coas mellores lecturas!

Feliz Día do Libro!

Hoxe día 23 de abril celébrase un día moi especial: o Día do Libro. Por iso, como este ano temos que “quedar na casa” e non podemos celebralo todos xuntos, o profesorado do cole quixemos estar un pouco máis preto de vos a través das lecturas compartidas. Nos lemos en casa, e vos animamos a facer o mesmo con esta selección de suxestións feita con todo o agarimo do mundo. Lecturas profesorado ESO Lecturas  profesorado E: Primaria e ESO Lecturas—

Ler máis

Día do Libro (1.ª semana)

O día 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. No Quiñones de León tamén lles quixemos render unha homenaxe aos libros, xa que nos permiten viaxar e soñar, ademais de facernos libres. Este ano decidimos dividir esta celebración en dúas semanas. A primeira semana estivo dedicada aos máis pequenos do colexio, cos que fixemos unhas actividades de animación á lectura. Así o alumnado de infantil tivo a sorte de contar cunha experta contadora de historias: Isabel. Isabel levou unha—

Ler máis