-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
2.º Obradoiro de regueifas
Nova aventura co PILI Vigo
Xunta electoral-Eleccións Consello escolar
Informamos ás familias de que o venres 18 de outubro, ás 16:15 h, reunirase o Consello escolar para realizar o sorteo público dos membros titulares e suplentes da Xunta electoral (profesor/a, pai/nai, alumno/a de ESO) nas eleccións de 2024.
Obradoiro de regueifas

Esta semana o alumnado de secundaria coñeceu o gran regueifeiro Bieito Lobariñas. Tivemos a primeira sesión dos obradoiros de regueifas, organizados pola Deputación de Pontevedra e a Asociación ORAL de Galicia. Explicou a orixe das regueifas e amosou ao alumnado a existencia desta arte de improvisación en todo o mundo. Acompañados polo son da súa zanfona, crearon as súas coplas e tamén as cantaron. Agora seguiremos practicando para mostrar os dotes de improvisación do Quiñones na segunda sesión.