Hoxe queremos felicitar á nosa alumna de 1º E.P, xa que resultou gañadora no Certame de Pintura de Vigolandia e recibiu o seu agasallo esta mañá. Parabéns!
8M Día da Muller
O pasado venres, 8 de marzo, celebramos o Día da Muller, conmemorando a loita de todas as mulleres pola súa participación na sociedade en igualdade cos homes. Cada curso investigou sobre unha muller importante, coñecendo un pouco sobre a súa vida, e as súas accións máis relevantes. Os nenos de 1º de Primaria investigaron sobre Dona Strickland, pioneira na investigación do láser. En 2º traballouse, Jane Goodall, coñecida polos seus estudos sobre a vida social dos chimpancés. En 3º,—