O alumnado de Infantil e 2º de Primaria visita o Museo Quiñones de León.

O alumnado de infantil e 2º de primaria realizou unha visita ao Pazo Museo Quiñones de León, o museo que inspirou o nome do noso colexio. Foi unha xornada moi divertida na que coñecemos de primeira man como era a vida na casa antigamente e puidemos ver fotografías dos antigos moradores. Para rematar, percorremos o labirinto dos xardíns, unha actividade que resultou moi entretida para todos e todas.

Ler máis

8M Día Internacional da Muller

Un ano máis unha marea violeta esténdese polas actividades do centro para conmemorar este día tan importante. Desde os pequenos de Ed. Infantil ata 4º da ESO, levan a cabo actividades para concienciar ao noso alumnado sobre o papel fundamental da muller na nosa sociedade e a importancia de defender e esixir unha igualdade real. Temas como as mulleres máis importantes nas nosas vidas, actividades sensoriais e ata letras de cancións populares convértense por uns días na escusa coa que—

Ler máis

As mulleres máis importantes das nosas vidas (E.I, 8M)

  Os leonciños do colexio queremos render unha pequena  homenaxe ás mulleres máis importantes das nosas vidas. Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, queremos agradecerlles todo o que fan por nós cada día: o seu amor, o seu coidado, a súa paciencia e a súa forza. Elas son o noso exemplo, as que nos ensinan a crecer, a respectar e a soñar. Porque sen elas o mundo non sería o mesmo. Feliz Día Internacional da Muller!

Ler máis