Se che gusta o K-pop, esta é a túa oportunidade para coñecer outras persoas que tamén gozan con esta música e os seus bailes.
A primeira xuntanza será o xoves 23 de outubro, ás 16:00 horas.
Será unha tarde para escoitar cancións, compartir coreografías, aprender pasos novos e, sobre todo, pasalo ben.
Anímate a vir!
👉 Inscricións: formulario.