Reciclando con Dinoseto e Dinosetiño

Hoxe visitounos no cole a personaxe máis simpática da nosa cidade: O Dinoseto! e non veu só, viu acompañado polo seu fillo Dinosetiño. Xuntos, amosáronos cunha divertida historia a importancia das ” 3R” (Reducir, Reutilizar e Reciclar). Tamén informáronnos sobre algunhas das novidades coas que conta a nosa cidade este ano, coma o Punto Limpo Móbil e o aumento de colectores de roupa e calzado.

Aprendemos, rimos e, sobre todo, pasámolo moi ben! Ao final de todo, cantamos a canción que podedes atopar a continuación e nos regalaron unhas bolsas de tela chulísimas! Mirade que ben o pasamos!

Comments are closed