Os certificados ou calquera outra documentación deberán solicitarse cun mínimo de 24 horas de antelación en Administración ou Secretaría.
Os pais/nais/titores do alumnado que rematou Primaria ou ESO deberán pasar por Administración para recoller o historial académico.
Os alumnos con 15 anos cumpridos deben estar rexistrados co seu DNI, NIE ou pasaporte, polo que cómpre que pasen por Administración no caso de que o colexio non teña este dato.
Os pais/nais/titores do alumnado deben informar en Administración dos cambios de datos persoais (teléfono, enderezo, …) ou de permisos (cesión de imaxe, etc.) cando os haxa.