Na última semana antes das vacacións do Nadal, o alumnado dos grupos de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de primaria gozou dunhas sesións de pedagoxía da luz coma recompensa polo esforzo realizado durante o trimestre.
Deste xeito, e adaptados ás diferente idades, presentábanselles unha serie de retos tomando como elemento motivador, como non podía ser doutro modo, o Nadal.
Entre estes retos, tiñan que ser quen de construír unha árbore con vasiños para adornala; clasificar as “bólas”, de xeito colaborativo, pola súa cor; pasando pola, sempre desexada, manipulación libre.
Os nosos alumnos e alumnas gozaron da maxia na que este tipo de actividades envolve o centro. E, nestas datas, a maxia está en gozar do tempo cos nosos; neste caso, cos nosos compañeiros e compañeiras.
E, para mostra, aquí vos deixamos un vídeo (só tendes que premer no seguinte enunciado):
Os nenos empregando a mesa de luz
Non perdades as seguintes sesións da “Aula da luz”, xa que nos agardan actividades sorprendentes e fascinantes.