Participación no EnlazaVigo

Con motivo do Día contra a violencia de xénero, o grupo de 4.º da ESO participou nos actos organizados pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e mais o Consello Municipal da Muller. O obxectivo desta xornada é lograr que as novas xeracións se impliquen activamente para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria para todas e todos.