O noso alumnado segue participando nesta iniciativa impulsada desde o Equipo da Biblioteca e o EDL: O tesouro das palabras. Deixámosvos este vídeo no que demostran que a lingua é un verdadeiro tesouro que cómpre coidar e compartir.
As palabras tamén son tesouros! O EDL e o Equipo da Biblioteca queremos compartir os últimos vídeos do alumnado no proxecto O tesouro das palabras. Velaí van:
Traémosvos unha nova palabra para atesourar: guindastre E queremos amosarvos como o noso proxecto O tesouro das palabras continúa medrando grazas á participación do alumnado.