Iniciación segura á pegada dixital

O alumnado de 4.º de eso participou do programa educativo “Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais”. O guía do obradoiro foi Manuel Rivas, da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), que, cunha linguaxe axeitada para os adolescentes, tratou o tema da pegada dixital, dos perigos existentes nas redes sociais e ofreceu consellos para vivir dun xeito máis seguro en Internet.

Ler máis

Orgullo Galego con nós

O alumnado de 3.º da ESO tivo a oportunidade de escoitar a Borxa, de Orgullo Galego. Esta comunidade comparte e difunde contidos relacionados con Galicia, a súa cultura, tradicións, curiosidades, lugares interesantes… Borxa, desta volta, veu para falar de redes sociais en galego, do uso do galego en Internet e de que o galego é unha lingua coa que se pode chegar a todo o mundo. Moitas grazas por amosar esta realidade ao noso alumnado!

Ler máis