Os nosos guías turísticos: propostas de viaxes.

As limitacións de mobilidade ás que nos obriga o confinamento destes días, non impide que poidamos viaxar coa imaxinación, e mesmo planear esas viaxes que nos gustaría facer cos nosos seres queridos. Por iso, e para traballar de forma global as competencias do alumnado, nas tarefas destes días os nenos e nenas de 5º e 6º de Educación primaria estiveron imaxinando que lugar lles gustaría visitar, facendo unha labor de documentación sobre o seu destino, planificando a viaxe, e mesmo—

Ler máis

Os leonciños na Biblioteca Xosé Neira Vilas

Hoxe pola mañá os nosos leonciños e leonciñas visitaron a Biblioteca Xosé Neira Vilas. Saíron ben cediño do colexio, acompañados polos seus profesores e tamén por algúns familiares que quixeron compartir connosco esta xornada. Chegaron, tras un marabilloso paseo pola cidade, á biblioteca, onde entraron moi tranquilos. Alí, coñeceron a unha bibliotecaria que achegou os nosos cativos ao marabilloso mundo dos libros. Escoitaron os contos con moita atención, seguiron todas as súas indicacións e tamén coñeceron diversos costumes e xeitos—

Ler máis

A ESO visita a Biblioteca Xosé Neira Vilas

Hai uns días, o alumnado da ESO visitou unha das bibliotecas da nosa cidade: Biblioteca Xosé Neira Vilas. Tanto nos gustou a visita que fixemos o curso pasado, que tivemos que repetir; e volvemos quedar encantados. Este ano presentáronnos lecturas de viaxes: libros orixinais, atlas singulares, bandas deseñadas… e despois aínda tivemos tempo para xogar e aprender xeografía. Agradecemos á nosa guía da biblioteca o ben que nos transmitiu o seu amor pola lectura. Nós continuaremos coa mellor viaxe que nos traen—

Ler máis