Visita ao Museo Liste

Esta semana os grupos de 3.º e 4.º da ESO visitaron o Museo Liste.

É un museo etnográfico que amosa nas súas salas aspectos relacionados cos oficios, os tecidos, os cereais, a luz ou a arte de curar.

Tras a visita, o noso alumnado participou do obradoiro “Enigma”, a través do que coñeceron diferentes códigos, mensaxes cifradas, xeroglíficos… que puxeron en práctica nunha xincana.

 

Comments are closed