Onte o noso alumnado do 1º e 2º ciclo de E.P visitou a Biblioteca de Xosé Neira Vilas. Pasaron unha xornada estupenda entre contos descubrindo toda a xente que hai detrás da publicación dun libro; desde quen o escribe a quen o ilustra ou o edita. O noso alumnado descubriu sorprendido que son moitas máis persoas das que pensamos. Tamén se converteron en autores e autoras das súas propias creacións literarias que poderedes ver en máis detalle moi pronto no blogue de Primaria. Deixámosvos aquí unhas fotos da actividade.
Inicio do curso
Inicio do curso
08/09/2025