XII Certame escolar de regueifas

Tras dous obradoiros, catorce dos nosos alumnos tiveron a oportunidade de participar no XII Certame escolar de regueifas.

Este certame contou con dous presentadores magníficos: Pinto d’Herbón e Luís O Caruncho, que dinamizaron esta xornada, chea de emocións e de nervios.

Os nosos e as nosas representantes foron collendo o micrófono e improvisando coplas, coma eles só saben facer.

E os demais compañeiros animaron e aplaudiron durante toda a xornada.

Finalmente, chegamos á semifinal e tamén á final. E trouxemos con nós como premio unha das regueifas, que degustaron todos con orgullo.

Parabéns a todo o equipo de regueifeiras e regueifeiros, por gozar coa actividade, por participar e por todo o seu esforzo!

A seguir, deixamos unha mostra deste certame, para que podiades ver a arte da mocidade viguesa.

Comments are closed