Xogando cos conceptos matemáticos en Educación Infantil

Na clase de catro anos seguimos a descubrir e a afondar nos conceptos matemáticos, empregando o xogo e a experimentación como ferramentas de aprendizaxe.

Estivemos a descubrir que os números pódense representar de diferentes formas: coa súa correspondente grafía (1, 2, 3…), cos dedos, con puntiños, con regletas de cores … E puxémonos máns a obra para practicar todo o que estábamos a ver. Coa axuda do noso dado xigante, pasamos un bo rato tirándoo, contando, e asociando o número cos puntos e a súa representación cos dedos, como podedes comprobar nas seguintes imaxes.

Ademáis, cos xogos de númeración continuamos a descubrir a secuencia numérica.


Estes días tamén repasamos as formas xeométricas, e estivemos a gozar co noso material manipulativo. Mesmo chegamos a facer diagramas de Venn para clasificar as nosas formas en función da forma e a cor. Pasiño a pasiño imos avanzando na nosa competencia matemática, e mirade qué ben o pasamos.

Alumnado de catro anos clasificando formas mediante diagramas de Venn

Ademáis, dentro do proxecto sobre o antiguo Exipto que estamos a traballar na clase, descubrimos que os antiguos exipcios foron os inventores da balanza, así que para descubrir qué é, e como pesaban con ela, argallamos unha divertida balanza caseira feita cunha percha e unhas bolsas. Pasámolo xenial pesando por quendas diferentes obxectos da clase, para comprobar de qué lado se inclinaba a balanza, e descubrir así cal deles era o máis pesado. Cada alumno ou alumna tiña que facer a súa hipótese antes de poñer en funcionamento a balanza, para supoñer qué pensaban que pesaría máis, e comprobar se era certa ou non coa axuda da balanza.
Velaquí tedes ao noso alumnado durante a experimentación.

Alumnado de catro ano descubrindo o funcionamento da balanza e o concepto de peso


Foi un bo xeito de tomar contacto co concepto de peso. Agora todos queren pesar canto temos na clase, encantoulles!

Estade atendos que vos seguiremos informando sobre os nosos progresos no campo matemático e do pensamento científico.

Comments are closed.