COMO VEXO EU O CAMBIO CLIMÁTICO?

Como ven sendo habitual, os nosos expertos en maquetas, reproduciron en tamaño reducido o efecto do cambio climático no planeta terra. A única condición que se lles pediu, foi a de empregar, na medida do posible, materiais de reciclaxe. O resto era totalmente libre, tanto en tamaño, como en soporte. Traballamos nas clases de Natural Science a semana do clima que tivo lugar  no mes de Outubro, coñeceron da man de internet a Greta Thunberg, e falamos das consecuencias do—

Ler máis

Visita de 2.º da ESO á Biblioteca Xosé Neira Vilas

Esta semana o grupo de 2.º da ESO visitou a Biblioteca Xosé Neira Vilas. É unha saída que gusta moito ao alumnado, xa que sempre lles presentan unha temática interesante e unha chea de referencias bibliográficas para achegarse despois a elas. Este curso a temática son as Olimpíadas, xa que se van celebrar o próximo ano 2020. Recibiunos a bibliotecaria Mar, que nos falou un pouco sobre como facernos socios da biblioteca e dos servizos que teñen dispoñibles. Demos unha volta—

Ler máis

Xogamos co galego III

Nestes  días e nas vindeiras semanas, os rapaces de 2º de Primaria levan e levarán para casa, unhas láminas que forman parte dun proxecto en galego: “Xogamos co Galego”. Cando o levan, poden escoller unha desas láminas. Cada unha, corresponde a unha das  letras do alfabeto galego. Nelas hai diferentes exercicios: buscar palabras, escribir oracións, debuxar… tendo en conta que deben utilizar ou buscar palabras que teñan a letra elexida. A idea é que coa axuda das familias, aprendan un—

Ler máis