Xogos de lingua (2.ª parte)

Tal e como vos indicamos na anterior entrada da páxina web, aquí temos a segunda parte do noso traballo “Xogos de lingua”. Queremos que gocedes co vídeo tanto como o fixo o noso alumnado aprendendo os trabalinguas e coñecendo as linguas dos seus compañeiros e compañeiras. Agora só nos queda seguir transmitindo e espallando as nosas linguas propias, para xogar, para aprender, para comunicármonos, para amosar a nosa realidade. Podedes premer a seguir e comezará o vídeo: Xogos de lingua—

Ler máis

Adiviña, adiviñanza… E un trabalinguas. (2º E.P.)

Os rapaces de 2º de Primaria, están facendo distintas actividades para fomentar o uso do Galego dunha maneira lúdica. Ademais, neste caso, tamén se familiarizan con  diferentes tipos de textos: as adiviñas  e os trabalinguas. Son textos moi divertidos e logran captar a atención dos nenos e entretelos un bo rato. Os nenos, ao escoitalos, síntense impulsados a descubrir a súa resposta (o que fomenta a curiosidade por descubrir cousas novas)  Neles fálanse de temas que descoñecen e aprenden vocabulario—

Ler máis

Obradoiro de luces e sombras

Os nenos de 1.º e 2.º de educación primaria estamos a aprender moitas cousas sobre o corpo en Natural Science. Entre elas, estamos a falar moito dos sentidos… e descubrimos que o único sentido co que podemos percibir a luz é a vista. Non podemos ulila, nin saboreala, nin escoitala… Así que decidimos facer unha actividade especial para xogar con ela. Aproveitando a temática do Samaín e as sombras, fixemos un obradoiro de luces e sombras. A mestra líanos unha—

Ler máis