Seguimos cun obradoiro de luces e sombras

Na última semana antes das vacacións do Nadal, o alumnado dos grupos de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de primaria gozou dunhas sesións de pedagoxía da luz coma recompensa polo esforzo realizado durante o trimestre. Deste xeito, e adaptados ás diferente idades, presentábanselles unha serie de retos tomando como elemento motivador, como non podía ser doutro modo, o Nadal. Entre estes retos, tiñan que ser quen de construír unha árbore con vasiños para adornala; clasificar as “bólas”, de xeito colaborativo,—

Ler máis

Recursos da terra

Os alumnos de 2º ESO aprenderon un pouco dos recursos naturais que ten Galicia e o seu aproveitamento  grazas aos paneis explicativos que nos cederon na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. Velaí os tedes na clase de Tecnoloxía.

Descubrindo a electricidade con plastilina condutiva.

Ninguén de nós sabíamos que a plastilina era unha gran conductora da electricidade. E así viñéronnolo amosar dous rapaces dende o SNL do Concello de Vigo. Viñan con moitos materiais, pero sen dúbida, o que mais chamou a nosa atención,foi un tubo enorme que remataba nunha gran esfera metálica. Era un xerador Van de Graff. Este aparato electrostático emprega unha cinta móvil para acumular grandes cantidades de carga eléctrica no interior dunha esfera metálica oca. Algún dos alumnos probaron os—

Ler máis

PLÁSTICOS, O NOVO INIMIGO

Dende Naturnova, ofrecéronnos a oportunidade de realizar unha visita as súas instalacións, para coñecer o impacto do plástico nas nosas vidas e como podemos contribuir para paliar os seus efectos. Fomos os grupos de quinto e sexto da primaria a recoñecer primeiro onde podemos atopar plásticos, e as cantidades inxentes que se peoducen deste material no planeta. De seguido, aprendimos a tres regras básicas en todo este proceso: reciclar, reducir e reutilizar,sendo a mais importante a de reducir. Aproveitamos a—

Ler máis

CELEBRAMOS O NADAL

Como todo os anos, celebramos no cole a chegada destas datas tan sinaladas, realizando diferentes actividades espaciadas ao longo das dúas semanas previas as vacacións. O profesorado de infantil encargouse de distribuir unha serie de accións con dous obxectivos principais; por  un lado, contribuir nun nadal solidario, pensando naqueles que non poden celebralo comas nos, e por outro lado decorar o centro dende as diferentes etapas educativas. Aparte destes dous propósitos, fixéronse actividades de todo tipo, traballando as diferentes áreas:—

Ler máis