Contacontos en infantil: Chibos Chibóns

Esta semana animouse outra nai dun nosos alumnos de 3 anos a visitar o colexio e contarlles un conto a todos os nenos e nenas de infantil. O título elixido foi: Chibos Chibóns, da Editorial Kalandraka. Despois de contar o conto, os nenos e as nenas fixeron cadanseu chibo para poder xogar con eles nas casas. Foi unha experiencia positiva para a nai e o seu fillo, un grande axudante. Desde o colexio, queremos animarvos a todas as familias a—

Ler máis

SAÍDA AO TEATRO: “NOBODY´S PERFECT”

O pasado xoves 11 de xaneiro, os nenos de sexto de primaria foron ver unha obra de teatro en inglés no cine-teatro Salesianos. A compañía Tumbalobos Teatro interpretou a obra Nobody´s perfect, que conta, dunha maneira moi divertida, que aínda que non sexamos perfectos, con traballo e esforzo, podemos  conseguir todo o que nos propoñamos. Antes do día da estrea, traballamos a obra durante varias sesións na aula: fixemos actividades sobre os personaxes, analizamos as emocións que aparecen e tamén aprendemos—

Ler máis

Selección do título para o Plan Proxecta “Nós tamén creamos”

O seguinte paso do noso proxecto foi lermos todos os membros do equipo de docentes os libros da Editorial Oqo que nos deixou o profesor do curso. Despois de lelos nós, decidimos contárllelos aos nosos alumnos. Eles mesmos seleccionaron os tres que máis lles gustaron e fixeron un debuxo de cada un deles. Os seleccionados foron: Sopa de nada. Outro dos seleccionados foi: A pota que trota. E o último seleccionado foi: Tim, Tam e Tom. Despois, os nenos votaron,—

Ler máis

Nós tamén creamos!

Estamos moi emocionados no Quiñones de León porque nos concederon desde a Xunta de Galicia a posibilidade de participar no Plan Proxecta: Nós tamén creamos! A clase seleccionada para levar a cabo o proxecto é 2.º de primaria que, coa axuda dun grupo de profesores do colexio, van transformar un conto nunha curtametraxe. Xa no mes de novembro tivemos o primeiro contacto co proxecto. Tivemos unha primeira reunión cun traballador da editorial Oqo que nos trouxo unha morea de libros—

Ler máis

AbalarMóbil

Os pais que o desexedes podedes descargar no voso teléfono a aplicación AbalarMóbil para estar informados de todo o referente aos vosos fillos. Para facelo, debedes ir á lapela SERVIZOS (á esquerda) e clicar en AbalarMóbil.