Controlas?

O alumnado de 2º e de 4º ESO tivo o privilexio de acudir aos obradoiros organizados polo dpto. de Orientación: “Seguro por tu ciudad” e “Si controlas, vuelves“, da asociación AESLEME, sobre lesións derivadas de sinistros viais. Grazas ao conferenciante, polo seu bo talante, e aos alumnos que participaron.  Non somos invulnerables, así que coidado, rapaces.

Ler máis

Excursión de Fin de Curso a Cíes

Este ano, o alumnado de Primaria gozou dunha inesquecible excursión de fin de curso ás Illas Cíes. Ao longo de toda a xornada tiveron a oportunidade de descubrir a riqueza natural deste espazo protexido, percorrer algúns dos seus sendeiros, admirar as súas espectaculares paisaxes e compartir momentos de convivencia cos seus compañeiros e compañeiras. Foi un día cheo de aventura, diversión e lembranzas que, sen dúbida, quedarán na memoria de todos e todas. Despedimos o curso cun pequeno vídeo sobre—

Ler máis

Graduación de Secundaria

O noso alumnado de 4.º da ESO celebrou o seu acto de graduación. Péchase así unha etapa inesquecible chea de esforzo e aprendizaxes, e, sobre todo, de grandes amizades. Alumnas, alumnos, esta mensaxe é para vós: Deixades atrás as aulas que vos viron medrar, pero facédelo preparadas e preparados para os novos retos que están por chegar. Comeza agora unha nova etapa e queremos desexarvos que todo vaia moi ben nesta nova singradura. Non esquezades que este colexio será sempre—

Ler máis