Obradoiro de Reciclaxe (1º-4º de E.P)

Fai uns días, o noso alumnado de 1º a 4º de E.P tivo a oportunidade de participar nun obradoiro de reciclaxe promovido polo concello no que aprenderon, ou máis ben consolidaron, as aprendizaxes adquiridas grazas a utilización dos contenedores de reciclaxe nas aulas. Os nenos e nenas desfrutaron desta amena actividade e avanzaron no seu compromiso co coidado de medio ambiente.

Ler máis

Entradas e saídas

Informámoslles de que mentres duren as obras da fachada poderán vostedes entrar no colexio ata a zona sinalada con conos, para deixar/recoller aos seus fillos/as.

Benvidos/as ao curso 2024-25

  • 11 de setembro: comezo das clases en horario normal (entrada por Travesía de Vigo)

  • 11 de setembro: comezo dos servizos (aula matinal: 7:30 h e comedor: 14:00 h)

  • 17 de setembro: asemblea de pais/nais e titores/as (ás 18:00 h)


Excursión fin de curso Primaria

O pasado 21 de xuño todo o alumnado de Educación Primaria foi de excursión de fin de curso ao Ecoparque Atalaia de Cotobade. Foi unha magnífica forma de pechar este curso escolar no que tanto se esforzaron e aprenderon. O alumnado de primeiro, segundo e terceiro de primaria, dividiuse en dous grupos, e acompañados polo profesorado e os monitores das instalacións, realizou unha visita a granxa, onde tocaron e deron de comer aos animais; á horta, na que plantaron xirasoles,—

Ler máis