Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro é o aniversario do nacemento da nosa poeta Rosalía de Castro. Como non podía ser doutro xeito, nós tamén nos quixemos sumar a esta celebración do Día de Rosalía.

Estivemos lendo algún texto sobre a vida de Rosalía e despois algúns poemas para inspirarnos. Logo, a partir dos seus poemas “Nacín cando as plantas nacen” e “Adiós, ríos; adiós, fontes”, o alumnado de 1.º da ESO fixo as súas piruletras. Compuxeron os seus versos, algúns coa métrica da copla popular, e escribíronnos en cadansúa piruletra.

A seguir decoraron unha máscara de Rosalía, con estilo libre, para amosar os seus dotes artísticos. Así de ben estiveron traballando:

E o resultado téndelo aquí:

Tamén podedes ver o resultado tan marabilloso destas carautas do grupo de 4.º de educación primaria:

Cómpre que o noso alumnado vaia coñecendo os nosos referentes literarios e que estes lles sirvan de inspiración para as súas creacións.

Comments are closed