A semana pasada tivemos a visita de dous grandes regueifeiros no noso cole: Pinto de Herbón e Kike Estévez, dous grandes referentes da improvisación oral en galego.
Esta segunda sesión foi completamente práctica para o noso alumnado. Comezaron practicando o ritmo facendo as súas presentacións, cantando sobre cidades ou sobre os seus deportes preferidos.
A seguir, deixaron escapar a súa creatividade e comezaron a cantar as súas coplas, a partir das indicacións de Pinto de Herbón e de Kike Estévez.
E ata se animaron a facelo en parellas:
O noso alumnado non deixa de sorprendernos gratamente. O dominio da lingua galega que parecía agochado saíu á luz nestas sesións.
Agora só nos resta ensaiar un chisco para o día do certame, no que teremos varios representantes do Quiñones! Orgullosos estamos, mozos e mozas!