Primeira quedada K-pop

Esta semana tivemos a primeira quedada das seguidoras do K-pop do noso colexio. Coñeceron que é este estilo de música, bailaron e tiveron unha sorpresa… uns sorteos!! Xa estamos organizando a seguinte xuntanza, en breve compartimos con vós a data. Moitas grazas por todo o labor que están a facer desde @kpopvigoevents para que estes encontros poidan existir!

Ler máis

2.º Obradoiro de regueifas

O alumnado de secundaria tivo un gran comezo de semana coa visita de Luis O Caruncho. Achegouse para acompañarnos no 2º obradoiro de regueifas, organizado pola Deputación de Pontevedra e a Asociación Oral de Galicia. O noso alumnado cantou, riu e demostrou os seus grandes dotes como regueifeiros e regueifeiras!  

Ler máis

Quedada K-pop

Se che gusta o K-pop, esta é a túa oportunidade para coñecer outras persoas que tamén gozan con esta música e os seus bailes. A primeira xuntanza será o xoves 23 de outubro, ás 16:00 horas. Será unha tarde para escoitar cancións, compartir coreografías, aprender pasos novos e, sobre todo, pasalo ben. Anímate a vir! 👉 Inscricións: formulario.

Ler máis