-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Premios do Proxecto Faro da Escola (E.P)
Día de convivencia
Mens sana
O alumnado de 3º e 4º ESO asistiu a unha amena charla do investigador do Instituto de Investigación Sanitaria de Galicia Sur, o neurocientífico Carlos Spuch, que lles falou, con palabras que entenderon ben, da saúde e a enfermidade mental na adolescencia, algo desgraciadamente habitual para o que non caben tabús nin ocultacións. Ás veces é inevitable, pero outras ten porta de entrada, como as drogas. Falar máis permite facer máis. Grazas a Carlos polo seu tempo.
Visitamos a pinacoteca (EI e 1º EP)
O alumnado de Educación Infantil e de 1º de EP de Primaria realizou unha interesante saída á Pinacoteca Fernández del Riego, onde tivo a oportunidade de achegarse ao mundo da arte dun xeito dinámico e participativo. Durante a visita, os nenos e nenas coñeceron varias obras de Manuel Colmeiro, descubrindo algúns dos elementos máis característicos da súa pintura, como o uso da cor, as escenas da vida cotiá e a representación do mundo rural galego. Ao longo do percorrido, o—





