Celebramos o Día da non-violencia e a paz

Un ano máis, a comunidade escolar do Quiñones de León celebrou o Día da non-violencia e a paz. Nas diferentes etapas, traballaron durante estas semanas dun xeito especial para conmemorar xuntos este día. Os máis pequenos leron contos e reflexionaron sobre diferentes situacións; outros xa puideron organizar algún pequeno debate, e os maiores lembraron a figura de Gandhi e revisaron a orixe dos distintos símbolos da paz. Hoxe xuntámonos todos, guiados por un dos nosos alumnos maiores: Este compartiu unha—

Ler máis

Seguimos cun obradoiro de luces e sombras

Na última semana antes das vacacións do Nadal, o alumnado dos grupos de 1.º, 2.º, 3.º e 4.º de primaria gozou dunhas sesións de pedagoxía da luz coma recompensa polo esforzo realizado durante o trimestre. Deste xeito, e adaptados ás diferente idades, presentábanselles unha serie de retos tomando como elemento motivador, como non podía ser doutro modo, o Nadal. Entre estes retos, tiñan que ser quen de construír unha árbore con vasiños para adornala; clasificar as “bólas”, de xeito colaborativo,—

Ler máis