As mulleres máis importantes das nosas vidas (E.I, 8M)

 

Os leonciños do colexio queremos render unha pequena  homenaxe ás mulleres máis importantes das nosas vidas.

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, queremos agradecerlles todo o que fan por nós cada día: o seu amor, o seu coidado, a súa paciencia e a súa forza. Elas son o noso exemplo, as que nos ensinan a crecer, a respectar e a soñar.

Porque sen elas o mundo non sería o mesmo.
Feliz Día Internacional da Muller!

Comments are closed.