Os leonciños do colexio queremos render unha pequena homenaxe ás mulleres máis importantes das nosas vidas.
Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, queremos agradecerlles todo o que fan por nós cada día: o seu amor, o seu coidado, a súa paciencia e a súa forza. Elas son o noso exemplo, as que nos ensinan a crecer, a respectar e a soñar.
Porque sen elas o mundo non sería o mesmo.
Feliz Día Internacional da Muller!



