Hoxe o alumnado de Educación Infantil, primeiro e segundo de Educación Primaria, gozou dun divertido contacontos, a partir do título “Rapunzel con piollos”.
Grazas a esta obra, descubrimos como unha ringleira de personaxes de contos clásicos intentan por quendas axudar á pobre Rapunzel que ten a cabeza chea de piollos! Trátase dunha dinámica e divertida historia coa que pasamos un bo rato.
Ademais, o especialista en contacontos agasallounos con dous entretidos contos que tiñan como protagonistas a dúas alumnas do cole: Ainhoa de segundo de Primaria e Elena da clase de tres anos.
Rematado cada un dos contos, tivemos a oportunidade de ver cómo o narrador ilustraba en directo as historias que acababamos de escoitar. Qué máis se pode pedir?
Sempre é un luxo escoitar contos, e máis se é da man de contacontos expertos como o que nos acompañou hoxe.