Visita de Iria Misa

Hoxe os alumnos e alumnas de 5º e 6º ep recibiron a visita de Iria Misa. Veu falarlles do seu libro “Unha veciña de película”, que leran na materia de Lingua Galega.  Neste rato tan divertido os rapaces e a autora intercambiaron preguntas, opinións e curiosidades sobre a obra. Ao rematar, Iria, moi amablemente, asioulles os libros. Os nenos e nenas, a cambio, entregáronlle un bloc cuns debuxos que lle fixeron. Moitas grazas pola visita, Iria!

Semana da ciencia: Primeiro experimento de Educación Infantil

Como xa sabedes, esta semana no cole estamos a desenvolver a Semana da Ciencia, na que participan de forma activa tódalas etapas educativas. E onte, o alumnado de Educación Infantil comezou no laboratorio coa primeira das experiencias programadas: un experimento de flota ou afunde no que fomos experimentando con distintos contidos científicos coma a formulación de hipóteses, e a comprobación experimental das mesmas; ou o pensamento analítico e reflexivo para analizar os achados. Comezamos enchendo un recipente transparente con auga—

Ler máis

Contacontos “Rapunzel con piollos”

Hoxe o alumnado de Educación Infantil, primeiro e segundo de Educación Primaria, gozou dun divertido contacontos, a partir do título “Rapunzel con piollos”. Grazas a esta obra, descubrimos como unha ringleira de personaxes de contos clásicos intentan por quendas axudar á pobre Rapunzel que ten a cabeza chea de piollos! Trátase dunha dinámica e divertida historia coa que pasamos un bo rato. Ademais, o especialista en contacontos agasallounos con dous entretidos contos que tiñan como protagonistas a dúas alumnas do—

Ler máis