Actividades de Nadal 2020

Este ano, cambiou por completo nosos costumes e as nosas prioridades. Polo que, no canto de centrarnos no que non podiamos facer por culpa do COVID-19, centrámonos en que podiamos facer para que o Nadal do noso alumnado seguise sendo especial. Así que, con limitacións e todo, ao final fixemos moitas actividades diferentes que se cadra, se non fóra por estas circunstancias, non se nos ocorrerían.

Unha delas, xa a coñecedes, foi o noso querido lipdub. que se non o vistes volvémosvolo a deixar aquí.

Pero o que non vos ensinamos foi e “Como se fixo…” Empezamos por buscar a canción adecuada. E unha vez decididos pola canción Candy  Cane Lane de  Sia, o seguinte na axenda era decorar, dentro do que o protocolo nos permitise, o centro. Fixemos  bastóns de caramelo de todos os tipos… con plastilina, con  limpiapipas, con forma de letra, xigantes, pintados nas xanelas… para que cubrisen o noso percorrido.

Alumnado de 5º Ed. Primaria cas letras que adornaron a porta do cole

Alumnado de 1º Ed. elaborando bastóns de caramelo de plastilina

Bastóns de caramelo feitos con limpiapipas

Alumnado de 4º Ed. Primaria coloreando bastóns de caramelo para os corredores do centro

Outra das actividades da que máis gozaron foi a sesión de cinema. Non pensedes que faltaban os flocos de millo, que foron unha sorpresa moi ben recibida. Cada neno e nena, decorou con anterioridade en clase un vaso de cartón con motivos do Nadal… pero non descubriron a súa utilidade ata que as profes entramos cos flocos de millo  quentiños pola porta da clase. E é que… alguén concibe ir ao cinema e non comer flocos de millo? O difícil foi que durasen para saír na foto!

Non podía faltar o festival de Nadal, aínda que este ano tivemos que conformarnos con gravalo en vídeo para poder ver a todos os nosos compañeiros actuando nestas datas tan especiais.

Un dos momentos da mañá que máis celebraron foi as nosas queridas “Badaladas 2020”, xa sexa con gusanitos ou con  pelotazos, todo o noso alumnado quixo celebrar xuntos que este fatídico ano acabábase; non vían a hora de aplaudir chegado o momento no que a última badalada soase. E aínda que sexa de maneira simbólica, sempre está ben celebrar xuntos os logros comúns, e o poder superar e seguir superando esta situación, ben merecía unha actividade especial para eles.

A todo isto, non podemos deixar de mencionar nosa postal sorpresa. Este ano, como sabedes, quixemos recuperar unha tradición moi bonita e xa, por desgraza esquecida, o escribir do noso puño e letra unha mensaxe especial para os nosos seres queridos chegados estas datas. Seguramente, xa as recibiredes en casa e esperamos que conseguisen non desvelar o secreto ata que vos chegase.

Alumnado de 1º Ed. Primaria elaborando as súas postais.

Alumnado de 6º Ed Primaria elaborando as súas postais

Alumnado de 6º Ed Primaria elaborando as súas postais

E por suposto, non podería faltar o noso  Photocall… que como este ano non nos podemos xuntar para saír no marco decidimos converter nun xogo. A partir de marcos do Nadal individuais fixemos estas montaxes fotográficas para que xoguedes a atopar aos vosos fillos e fillas, amigos ou amigas e compañeiros ou compañeiras de clase. Aos que seguro que somos capaces de recoñecer a pesar de non poder vernos as caras por completo, cousa á que xa non é afixemos. Xa o di a sabedoría popular… “os ollos son os espellos da alma” e é que neste ano máis que nunca, cando sorrimos nótasenos nos ollos.

Comezamos polas nosas árbores de Nadal… recoñecedes a alguén?

É o turno agora dos bonecos e bonecas de neve… a ver se aquí tedes máis sorte!

Pasamos aos Papa Noel, seguro que aquí atopades a alguén.

Se aínda non apareceu a persoa que buscades seguro que a atopades entre os renos, xa que foi a opción máis escollida polos nosos estudiantes.

Tampouco ía faltar o punto de vista internacional do Nadal, que neste caso ofrecéunolo o alumnado de quinto de primaria ao investigar como se celebran estas datas noutras partes do mundo.

Tamén recibimos a visita de Papá Noel, que debido as normas de distanciamento social soamente puido sacarse fotos cos profes os cales neste caso sentíamonos coma verdadeiros nenos e nenas.

Pero non creades que só fixemos estas actividades. Non faltaron as manualidades, redaccións, exercicios especiais… o nadal estivo presente no seu día a día e como non queriamos que se nos quedase nada no tinteiro preparámosvos un último vídeo tentando plasmar a ilusión destas datas desde o punto dos máis pequenos.

Esperemos que vos gustaran todo o que vos mostramos e desexámosvos todo o mellor para este ano que agora comeza.

 

 

 

Comments are closed