O noso alumnado segue participando nesta iniciativa impulsada desde o Equipo da Biblioteca e o EDL: O tesouro das palabras. Deixámosvos este vídeo no que demostran que a lingua é un verdadeiro tesouro que cómpre coidar e compartir.
Na última quedada do club de K-pop, puidemos gozar dun concerto de BTS. Tivemos tamén un mini random dance e, para rematar, sorteamos un álbum de Blackpink.
As palabras tamén son tesouros! O EDL e o Equipo da Biblioteca queremos compartir os últimos vídeos do alumnado no proxecto O tesouro das palabras. Velaí van:
Traémosvos unha nova palabra para atesourar: guindastre E queremos amosarvos como o noso proxecto O tesouro das palabras continúa medrando grazas á participación do alumnado.