I Obradoiro de regueifas

O gran regueifeiro Luis O Caruncho visitounos para impartir un obradoiro de regueifas, organizado polo SNL do Concello de Vigo e a Asociación Oral de Galicia. Caruncho viaxou co noso alumnado ao redor do mundo para amosar outras formas de poesía improvisada, descubriulles a orixe das regueifas e ensinoulles a construílas. Despois animounos a que improvisasen as súas coplas e cantaron todos xuntos.

Ler máis

O tesouro das palabras

O Equipo de Dinamización da Lingua (EDL) e o Equipo da Biblioteca propoñen a toda a comunidade do Quiñones un pequeno proxecto para que amosedes o voso dominio da lingua e a vosa creatividade. Tedes que procurar o significado das palabras que vos propoñemos e preparar un texto (relato, poesía, exposición…), un audio ou un vídeo no que empreguedes eses termos. Despois só vos queda enviarnos o resultado a dinamizaleon@gmail.com Aquí van as primeiras palabras, podedes empregar calquera das dúas!

Ler máis