Mens sana

O alumnado de 3º e 4º ESO asistiu a unha amena charla do investigador do Instituto de Investigación Sanitaria de Galicia Sur, o neurocientífico Carlos Spuch, que lles falou, con palabras que entenderon ben, da saúde e a enfermidade mental na adolescencia, algo desgraciadamente habitual para o que non caben tabús nin ocultacións. Ás veces é inevitable, pero outras ten porta de entrada, como as drogas.  Falar máis permite facer máis. Grazas a Carlos polo seu tempo.  

Ler máis

Publicación listaxe definitiva de admitidos/excluídos para o curso 2026-27 no taboleiro da entrada. 

Vida despois da ESO

O alumnado de 4º ESO visitou, no Verbum, a Feria das Ensinanzas Artísticas, Profesionais e Universitarias, un xeito de valorar as distintas saídas profesionais ao rematar a ESO. Deseño de xoias, animación 3D e videoxogos, pilotaxe de avión, osteopatía, policía nacional, militar ou garda civil, ademais de ciclos de FP e carreiras universitarias, foron algunhas das ofertas dos distintos postos que puideron percorrer.

Ler máis