Agasallos

O alumnado de 3º e 4º de ESO recibiu unha interesante charla sobre a doazón e os transplantes en España, desde como se pode doar e como se fai un transplante no noso país, do que lles falou Carlos, intensivista do Hospital Álvaro Cunqueiro, ata unha testemuña de primeira man de Celso, transplantado de fígado. Grazas aos dous polo seu labor e agardamos que a súa conferencia faga reflexionar aos rapaces sobre temas dos que non se soe falar á—

Ler máis

Mulleres na ciencia

O alumnado de 3º e 4º ESO participou o venres 6 de febreiro na actividade Mulleres na ciencia, na  aula de Naturnova, para coñecer, de preto, o labor dalgunhas pioneiras das distintas ramas da ciencia e, de paso, aprender un pouco da terra, da vida e do espazo.

Ler máis

🎓✨ Formaches parte do noso cole? Queremos saber de ti! ✨🎓
Estamos a preparar algo moi especial e encantaríanos contar coa túa voz.
Se fuches alumno ou alumna do noso colexio, convidámoste a enviarnos unha mensaxe curta ou un vídeo contando a túa experiencia:
📚 que recordas,
🤍 que foi o máis importante para ti
🚀 ou como o cole che acompañou no teu camiño.
Podes participar de dúas maneiras:
📩 Por correo: envíanos a túa mensaxe ou vídeo a cpr.quinones.leon@edu.xunta.gal
📲 Por Instagram: mándanos un DM co teu vídeo ou escríbenos o teu testemuño.
A túa historia pode inspirar a quen hoxe está a percorrer ese mesmo camiño.
Grazas por seguir formando parte da nosa comunidade! 💫