FP Básica

A incorporación do alumnado a un ciclo de Formación Profesional Básica no 2024-25 pode facerse de dúas maneiras desde o centro de orixe:

  • Proposta polo colexio, para alumnado de 2º ESO con 15 anos cumpridos ou que os cumpra no 2024.

  • Solicitude por petición propia, para alumnado de 3º ou 4º ESO. O alumno debe presentar esta solicitude no centro antes do 4 de xullo.

  • Calendario de admisión.

Información sobre o final de curso

    • 19, 20, 21 xuño: exames finais ESO
    • 21 de xuño: último día de clase.
    • 25 de xuño: entrega de cualificacións finais e consellos orientadores no colexio a 1º e 3º ESO (10:00 h) e 2º e 4º ESO (11:00 h).
    • 25 de xuño: publicación de cualificacións finais de EI, EP e ESO en Abalar ás 16:00 h.
    • 26 e 27 de xuño: revisión de exames de ESO (de 9:00 a 11:00 h).
    • Matrícula ESO: deberá facerse no colexio para todos os cursos desta etapa, en horario de 9:00 a 11:00h e de 13:00 a 14:00 h. entre os días 23 de xuño e 7 de xullo.

África González con 4º ESO

Hoxe tivemos o honor de recibir á catedrática de inmunoloxía da UVigo África González, que instruíu ao alumnado de 4º de ESO na súa especialidade e o potencial que ten a inmunoloxía no tratamento dalgúns cancros. Coa elocuencia que a caracteriza, debullou os pormenores das súas investigacións como médica, a súa historia como alumna do premio Nobel César Milstein e os esperanzadores resultados de terapias combinadas probadas en ratos no cancro de páncreas, un dos máis mortais que existen. Grazas—

Ler máis