Concurso Arquimedianos21

Coincidindo coa Semana do Libro 2023, xa hai gañadora do concurso de matemáticas Arquimedianos21 (7ª edición), que comezou o 25 de marzo.  Parabéns a esta alumna de 3º ESO e que goce do seu premio: un vale para mercar o libro que queira.

Ler máis

Charla de saúde sexual para 3º ESO

O alumnado de 3º de ESO asistiu a unha longa charla sobre saúde sexual,  unha boa forma de aprender sobre temas dos que algúns rapaces/zas teñen reparos en falar cos seus pais. Os amigos/as e as redes son as fontes máis habituais de (des)información e fan que perduren moitos mitos e tabús. Mellor as profesionais, como estas rapazas da Cruz Vermella que saben do que falan e falan do que saben e ás que agradecemos a súa colaboración.

Ler máis

Pegada dixital en 4º ESO

O alumnado de 4º ESO participou no programa da Xunta de Galicia: Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais, onde se lles explicou que é iso da pegada dixital e como facer bo uso da rede. Xa que o uso das TIC é inevitable e necesario, non está de máis que coñezamos que toda acción en Internet deixa unha pegada permanente e actuemos en consecuencia. Antes de publicar algo, pensa cinco minutos se é tan importante. E logo,—

Ler máis