Día da Paz 2024

Con motivo do Día da Paz , celebramos un pequeno acto conmemorativo no patio. Os nosos alumnos/as colocaron as pezas dun crebacabezas xigante e cantaron a canción “Paz,Paz,Paz” de Juanes, que previamente prepararan na materia de Música.

Ler máis

Visita de Antonio Durán “Morris”

Os rapaces e rapazas de 6ºep recibiron esta mañá ao actor Antonio Durán “Morris”, coñecido pola súa traxectoria na televisión e no teatro, sobre todo en producións galegas. Moi amable, contestou a tódalas preguntas que os nenos tiñan preparadas para él. Esta actividade, en forma de entrevista, será parte do noso proxecto Faro da Escola 2024. Ata entonces, aquí vai un pequeno adianto.

Ler máis

Visita de Iria Misa

Hoxe os alumnos e alumnas de 5º e 6º ep recibiron a visita de Iria Misa. Veu falarlles do seu libro “Unha veciña de película”, que leran na materia de Lingua Galega.  Neste rato tan divertido os rapaces e a autora intercambiaron preguntas, opinións e curiosidades sobre a obra. Ao rematar, Iria, moi amablemente, asioulles os libros. Os nenos e nenas, a cambio, entregáronlle un bloc cuns debuxos que lle fixeron. Moitas grazas pola visita, Iria!

Ler máis

Obradoiros de igualdade de xénero

Onte, os alumnos e alumnas de 6º de infantil, 2º, 4º e 6º de primaria asistiron a uns obradoiros do Concello nos que aprenderon sobre a importancia da igualdade de xénero. Desde que non hai diferezas entre xoguetes de nenos e xoguetes de nenas, pasando por grandes deportistas femininas, ata a análise de distintas profesións asociadas a un xénero ou a outro. Que importante é este tipo de formación nos nosos pequenos/as!  

Ler máis

Celebrando o Nadal!

Por aquí deixámosvos un resumo do que foi a celebración do Nadal en Ed. Primaria; a elaboración de postais e manualidades, a creación dos traxes para o festival e, ao final do vídeo, tedes as actuacións. Que pasedes un Bo Nadal!

Ler máis

Visita á Biblioteca Xosé Neira Vilas (6ºEP)

Hoxe, os nenos e nenas de 6º de Primaria foron visitar a Biblioteca Xosé Neira Vilas. Aprenderon sobre os diferentes espazos da biblioteca, que poden facer alí, as actividades que ofrecen… Neste caso, faláronlles do tema da moda ao longo da historia a través de diferentes contos e libros. Resultou moi interesante e aprenderon unha chea de cousas novas. Para finalizar a actividade, os nenos e nenas puideron construir a súa propia zapatilla en papel. Pasárono xenial!

Ler máis