-
Últimas entradas
Oferta educativa e Normativa
Servizos
Documentos do profesorado
Departamentos e Equipos
Categoría: Actividades
Regueifando pola lingua

Estamos moi felices de poder amosarvos esta regueifa en liña, na que participaron os nosos regueifeiros de 3.º da ESO. Sodes o noso orgullo! Parabéns! Podedes ver todo o vídeo, pero este noso grupo aparece a partir do minuto 2.34. Moitas grazas a toda a xente que suma esforzos para que o Correlingua se manteña, mesmo neste curso tan diferente.
Concurso de Poesía

Este curso, con motivo do Día das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüística organizou un concurso de poesía para o alumnado. Traballouse o xénero lírico, as emocións, imitáronse poemas de Xela Arias e leuse moita poesía para inspirar os nosos futuros poetas. A seguir podedes ler as composicións premiadas: Concurso de Poesía.
Quen foi Xela Arias?

Ademais de traballar os textos de Xela Arias na clase e escribir poesía coma ela, apeteceunos realizar unha actividade ao aire libre co grupo de 1.º da ESO. Preparamos unhas pistas e, a modo de xogo, o alumnado puido descubrir momentos importantes da vida desta autora e moitos dos seus logros. A seguir podedes ver unha pequena mostra desta actividade, só tedes que premer a continuación: Coñecendo a Xela Arias.
Celebración musical do Día das Letras Galegas

Algúns dos nosos alumnos e alumnas quixeron achegarse á figura de Xela Arias dun xeito moi próximo a eles, isto é, a través dun vídeo. Escoitamos moitas cancións creadas a partir de poemas desta autora, ata que nos decidimos por Intempériome, de A banda da Loba. Analizamos os versos, identificámonos con eles e sentímolos. E, a seguir, as ideas para o baile foron xurdindo desta xente nova, o futuro da nosa lingua. Podedes premer na seguinte ligazón para gozar con—
Semana do Libro

O 23 de abril celébrase o Día do Libro e nós non quixemos deixar pasar esta data tan importante. Realizamos diferentes actividades ao longo de dúas semanas: lecturas compartidas, contacontos, creación de marcapáxinas, recomendacións literarias… Velaquí tedes unha pequena mostra do traballo desenvolvido, só tedes que premer no seguinte texto: actividades polo Día do Libro. Animámosvos a seguir voando e imaxinando coas mellores lecturas!